La Pegatina e Terbutalina coroan un cartel de luxo para o décimo Armadiña Rock

Poio
01 de agosto 2018

O Armadiña Rock completou un cartel de auténtico luxo para celebrar a súa décima edición, que terá lugar en Combarro entre os días 24 e 26 de agosto. O festival, que xa é referencia no circuíto musical galego, completa a súa oferta musical con La Pegatina ou Terbutalina

La Pegatina
La Pegatina / Armadiña Rock

O Armadiña Rock completou un cartel de auténtico luxo para celebrar a súa décima edición, que terá lugar en Combarro entre os días 24 e 26 de agosto.

O festival, que xa é referencia no circuíto musical galego, completa a súa oferta musical con La Pegatina ou Terbutalina.

Xunto a eles actuarán Amparanoia, Sés, Banda Xangai, Zënzar, Sonoro Maxín, The Lákazans, Skándalo GZ, A Banda da Loba, Noite Fechada, Dudecan e Voodoo.

Na programación tamén se ofrecerán actividades de ámbito familiar, como un concerto punkinfantil, espectáculos circenses e teatrais, pasarrúas a cargo de Fanfarria Farruxa, Balkan Paradise Orchestra e Batucada Os Queimatasas e un espazo no que presentar proxectos musicais, sociais ou culturais.

Coma xa é costume no marco deste evento, haberá acampada de balde no lugar de A Reiboa, nas inmediacións do núcleo do festival.

O evento, que é totalmente gratuíto, está organizado pola ACDeM Armadiña. Naceu coa vontade de apoiar ao equipo de fútbol local e promove a difusión da música galega e en lingua galega, a introdución da mocidade no circuíto musical e a interconexión de diferentes xeracións arredor da música.

Ademais, buscan con el que Combarro se estableza como referente cultural e non só turístico.