O Teatro Principal de Pontevedra viviu este sábado un adianto da homenaxe que o próximo 17 de maio recibirán as cantareiras con motivo do Día das Letras Galegas.
A Real Academia Galega decidiu este ano dedicar o Día dás Letras Galegas á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes o catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Con esta elección, búscase recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña á nosa sociedade desde sempre, pero xa moito antes de que a RAG decidise esta homenaxe, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre levaban anos recoñecendo esta manifestación musical.
Este sábado volveron facelo no Teatro Princial dentro do ciclo Resoan, unha proposta cultural que trae á cidade do Lérez artistas de primeiro nivel nun cruzamento de camiños musicais a través da estética, as paisaxes sonoras, o tempo e o territorio.
Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre continúa traballando na recuperación e dignificación da música tradicional transmitida polas mulleres dos pobos do país e este sábado convenceron na súa viaxe a todo o público pontevedrés.

Concierto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre