Aos seus 63 anos, Loquillo segue dando guerra sobre o escenario e embarcouse nunha nova xira que este verán recalará no festival Costa Feira de Sanxenxo. Será o xoves 15 de agosto.
Será un concerto moi especial, xa que o artista madrileño presentará "Loquillo: 30 años de transgresiones", unha antoloxía que reúne as mellores cancións do seu repertorio dedicado á poesía contemporánea.
Foi en 1994 cando Loquillo atreveuse a levar por primeira vez poesía cantada aos escenarios.
Desde entón, adaptou poemas de Bernardo Atxaga, Julio Martínez Mesanza, Mario Benedetti, Jacques Brel, Luis Eduardo Aute, Luis Alberto de Cuenca ou Jaime Gil de Biedma, entre outros, poetas que foron toda unha referencia para el.
Loquillo súmase a un Costa Feira que, para a súa edición de 2024, ofrecerá unha programación de concertos entre o 25 de xullo e o 25 de agosto.
Ata o de agora os concertos anunciados foron:
- 25 de julio: Andrés Calamaro.
- 2 de agosto: Mëstiza
- 3 de agosto: Hombres G + Pavlenha
- 5 de agosto: Juan Magán
- 7 de agosto: Funzo & Baby Loud + Hens + Ters
- 8 de agosto: Iván Ferreiro + Marwán
- 9 de agosto: Los Secretos
- 10 de agosto: Marlons + 84
- 21 de agosto: Taburete