Los Brincos fan retroceder no tempo ao público pontevedrés

Pontevedra
09 de agosto 2021

A mítica formación, con novos compoñentes pero co repertorio que os fixo famosos, protagonizou o principal concerto da segunda xornada de festas no escenario da Praza de España. Gustavo Almeida na Ferrería e Rodrigo Cuevas en Campolongo completaron o cartel musical do domingo

Concerto de Los Brincos na Praza de España Cristina Saiz

Falar de Los Brincos é falar de recordos e vivencias de mocidade para moitos pontevedreses. Por iso este domingo, moitos anos despois, escoitar as cancións que marcaron a súa vida foi como retroceder no tempo.

A mítica formación, renovada en canto a compoñentes pero co repertorio que lles fixo famosos, subíu ao escenario da Praza de España na segunda xornada de festas enchendo o recinto acoutado habilitado para cumprir o protocolo de prevención da covid.

Non era en todo caso a única cita musical da xornada. Un pouco antes, era Gustavo Almeida o que ofrecía un novo show en casa, na súa querida Praza da Ferrería. Ademais Rodrigo Cuevas completaba o cartel nas pistas de Campolongo.

Este luns, a programación musical pega un xiro radical cun proposta na Praza de España pensada para un público novo, co concerto de Pol Granch (22.00 horas). Ademais Xisco Feijóo estará na Ferrería (21.00 horas) e en Campolongo o protagonista será Dani & Kimberley Tell.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora