LOS40 Summer Live 2026 traerán a Combarro a Naiara, Marlon ou LG1DO

Poio
25 de xuño 2026

Xunto con Naiara, gañadora de OT 2023, subirán ao escenario Lola Tuduri, Enol, La Beba, AWY, Pikete, LG1DO e Marlon. Será o 5 de agosto. A entrada é gratuíta

Naiara LOS40

A Praza da Chousa, en Combarro, será unha das dúas paradas que fará en Galicia a xira LOS40 Summer Live 2026. Será o mércores 5 de agosto.

Así o anunciou este xoves a principal emisora musical de Prisa Radio, que desvelou ademais os artistas que actuarán nesta cita.

Xunto con Naiara, gañadora de OT 2023, subirán ao escenario en Combarro Lola Tuduri, Enol, La Beba, AWY, Pikete, LG1DO e Marlon.

A eles sumarase David Álvarez, un dos presentadores máis populares de LOS40.

El encargarase de presentar os concertos e de animar a festa picando os temas máis divertidos e frescos do verán.

A entrada para asistir a este concerto é libre e non fai falta retirar entradas.

Desde LOS40 destacan que con esta xira de LOS40 Summer Live 2026 buscan que algúns dos artistas máis destacados do panorama musical actual poidan presentar os seus hits en directo ante miles de fans.

O obxectivo é combinar grandes nomes con novas promesas nun cartel pensado para cantar, bailar e gozar sen parar.

Este evento percorrerá 22 localidades españois entre os días 9 de xullo e 7 de agosto.