M-Clan fixo vibrar os seus seguidores no segundo concerto da Semana Grande

Pontevedra
10 de agosto 2015

Na noite deste luns, o cantante, compositor, bailarín e actor gaditano Abraham Mateo actuará na Praza de España. O artista presentará o seu último traballo ante os seus numerosos fans adolescentes

Concerto de M-Clan nas Festas da Peregrina
Concerto de M-Clan nas Festas da Peregrina / Diego Torrado

Cun son de rock sobrio, clásico e contundente, M-Clan logrou que o público que se achegou durante a noite deste domingo 9 ata a Praza de España gozara do mellor do repertorio desta banda formada por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez.

O grupo interpretou algún dos seus temas máis coñecidos como "Carolina" ou "Quédate a dormir", coreadas polos asistentes a este segundo concerto da Semana Grande das Festas da Peregrina.

Na noite deste luns, a partir das 22.30 horas, ao mesmo escenario se subirá un dos fenómenos mediáticos dos últimos tempos, o mozo cantante, compositor, bailarían e actor gaditano Abraham Mateo.

Este artista de tan só 16 anos presentará o seu último traballo discográfico, "Who I Am", un álbum que vendeu 6.000 copias na primeira semana no mercado cun singre moi pegadizo 'All the girls(A La La) '. A entrada será gratuíta.