Máis de 50 actividades enchen maio de Lingua

Pontevedra
28 de abril 2017

Con motivo da campaña 'Maio, mes da Lingua', o Concello de Pontevedra programa diversos actos relacionados co cine, o teatro, a música, a fotografía ou a lectura para potenciar o uso do galego entre os máis novos

Correlingua 2016
Correlingua 2016 / Mónica Patxot

'Maio, mes da lingua' volve recoller diversas actividades durante o mes que entra coa finalidade de potenciar o uso da lingua galega entre os máis novos. Este venres, o concelleiro de Normalización Lingüística Alberto Oubiña presentaba os actos que están previstos durante os vindeiros días.

Tanto el como a técnica do departamento, Conchi Cochón, afirmaban que se trata dun programa de actividades transversal, pensado para todo tipo de público e que, segundo indicaron, resulta independiente da programación desenvolvida durante o curso nos distintos centros de ensino da cidade.

A música, a fotografía, o deporte, o cinema, o teatro e a literatura terán cabida ao longo de maio na cidade de Pontevedra ata o punto de celebrarse máis de cincuenta actividades para a mocidade, ademais de diversos obradoiros.

Estas actividades xa se inician a partir deste venres 28 de abril co Galegote Rock que se prolonga durante o sábado. O luns, primeiro día do mes, chegará a Festa dos Maios á Praza da Ferrería.

Ao longo do mes tamén se desenvoleran obradoiros de Apego para axudar a mellorar a expresión oral daqueles pais que queiran transmitir a lingua galega aos seus fillos.

O luns 8, o Teatro Principal acollerá a proxección de 'A esmorga' a partir das 20.00 horas, con entrada libre, na primeira das sesións cinematográficas que se van programar. O mércores 9 vai levarse a cabo unha camiñada polas rúas literarias de Pontevedra.

O mércores 9 terá lugar un dos acontecementos tradicionais neste mes, o Correlingua, a carreira escolar que partirá da praza da Ferrería.

Ao longo de maio tamén van desenvolverse actividades de Ben Veñas, Maio, con representacións teatrais no Teatro Principal e entregas de premios dos certames literarios e o concurso de música que se levará a cabo o sábado 13 no Pazo da Cultura.

Tamén haberá actividades como partidas simultáneas de xadrez e unha homenaxe cun acto popular na praza Curros Enríquez a Carlos Casares, autor a quen se dedica o Día das Letras Galegas deste ano

A programación completa poderá ir consultándose no Facebook de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Todas os actos son de entrada libre.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en