Pontevedra vibrou a noite deste domingo coa actuación de Marina Reche, o segundo concerto gratuíto que forma parte da programación cultural das Festas da Peregrina 2025.
A partir das 22:30 horas, a artista abriu o repertorio no escenario da Praza de España varios temas de Oscuridad, a súa EP máis recente, publicado en 2024.
A cantante revelación do pop español, que en poucos anos se consolidou como unha das voces emerxentes máis prometedoras, alternou o seu actual repertorio con composicións do seu primeiro traballo, Claridad (2023), un debut que supera xa os 20 millóns de reproducións en plataformas dixitais e que marcou o inicio da súa carreira.
Cando a noite se achegaba á fin, Marina Reche interpretou 'Por si quieres volver', a canción que a catapultou á fama.
A programación das Festas da Peregrina continúan este luns coa actuación de Los niños de Jesús, a banda de Jordi Évole, na Praza da Ferrería ás 21:00.
Unha hora e media máis tarde, subirá ao escenario da Praza de España o rapeiro Khea, a partir das 22:30 horas.