Mario Iglesias estrea o segundo capítulo de "El origen del problema"

Pontevedra
17 de febreiro 2017

Mario Iglesias é un director pontevedrés que a través da xente que acude a un psicoterapeuta constrúe unha webserie rodada íntegramente na cidade de Pontevedra e que se estreará hoxe, día 17 de febreiro, no Teatro Principal

Mario Iglesias na estrea do primeiro capítulo da súa webserie "El origen del problema" Diego Torrado

Esta tarde de venres 17 de febreiro, no Teatro Principal de Pontevedra, estrearase o segundo capítulo da webserie de Mario Iglesias El origen del problema, en cuxa produción colaboran o Concello a través da Pontevedra Film Comission. 

Mario Iglesias, pontevedrés e Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é un creador audiovisual que, entre curtos e películas, labrouse un nome no mundo do cinema independente español.

El origen del problema, onde explora por primeira vez o fenómeno das webseries, é a continuación do capítulo estreado o pasado outubro e do que actualmente se pode gozar na canle de Youtube da súa produtora, La Pizarra Produce. 

A continuación das historias que se reúnen ao redor dun taller de psicoterapia poderá visualizarse no Teatro Principal a partir das 20:00 horas do venres 17 de febreiro. A entrada será libre ata completar aforamento.