Milleiros de persoas vibran ao ritmo da segunda xornada do PortAmérica

Umia
15 de xullo 2023

A xornada deste venres contou coas actuacións estelares de Marilia Monzón, Jorge Drexler, Dani Fernández, Sebastián Yatra, La M.O.D.A., Nicki Nicole ou a combinación de Ortiga con Pili Pampín, entre outras propostas. Para este sábado, artistas de longa traxectoria como MClan ou Loquillo subirán ao escenario da Azucreira de Portas xunto a Carlangas ou Grande Amore

PortAmérica 2023 Cristina Saiz

A xornada deste venres volveu ser un novo éxito do PorAmérica na Azucreira de Portas con miles de persoas que fixeron fronte aos chuvascos para seguir todas as actividades que acompañan a este evento referente no panorama musical.

Ao longo da tarde e a noite sucedéronse actuacións estelares como a de Marilia Monzón, Jorge Drexler, Dani Fernández, Sebastián Yatra, La M.O.D.A., Nicki Nicole ou a combinación de Ortiga con Pili Pampín, entre outras propostas.

Tampouco faltou a música na sección de ShowRocking co chef Pepe Solla ofrecendo tamén momentos antolóxicos coa súa guitarra nun espectáculo que terá continuidade este sábado coa seguinte programación: