No ano 2019 encheron o Teatro Principal nunha das ciclas de As Matinés do Principal, e máis de catro anos despois volveron a protagonizar un 'sold out' en Pontevedra, pero nun recinto moito maior como é o Pazo da Cultura.
É o reflexo da progresión que o grupo Morgan experimentou nos últimos anos, cunha música que volveu a encandear os seus seguidores na Boa Vila.
A banda madrileña liderada por Nina de Juan ofreceu este sábado en Pontevedra unha das últimas datas do fin de xira 'The River tour', sendo ademais una das citas finais do ciclo Voices, que aínda ten previsto o concerto de Mahmood o próximo 12 de maio pero que pasa a formar parte a partir deste ano da marca 'Resoan'.
Nun Pazo da Cultura entregado Morgan repasou os principais temas do seu último álbum de estudo, 'The river and the stone', pero tamén interpretou outros dos seus temas máis coñecidos como 'Sargento de hierro' ou 'Volver' para deleite dos presentes, que esgotaron as entradas dispoñibles hai semanas.
A próxima parada da nova marca musical 'Resoan' será o concerto que ofrecerá o 24 de febreiro o cantautor Albert Plá no Teatro Principal.