'MULLER10', unha exposición para reivindicar dez mulleres da cultura galega

Esta exposición estará aberta ao público até o martes 31 de marzo no Pazo provincial como parte da programación impulsada pola Deputación de Pontevedra para visibilizar o 8 de marzo

Exposición 'MULLER10' no Pazo Provincial
Exposición 'MULLER10' no Pazo Provincial / Deputación de Pontevedra

O Pazo Provincial de Pontevedra acollerá estes días a exposición 'MULLER10', destacando as figuras de dez mulleres coa finalidade de dar voz ao labor das mulleres na cultura galega ao longo da historia.

Esta mostra atópase dentro da programación promovida pola Deputación de Pontevedra con motivo do 8 de marzo, baixo o lema de 'A nosa meta: a igualdade', e manterase aberta até o martes 31 de marzo.

A proposta xorde da necesidade de revindicar o traballo das mulleres en profesións nas que se marxinaron e silenciaron ao longo da historia, para acadar esa igualdade de xénero no mundo laboral e valorar as súas achegas á cultura galega.

'MULLER10' forma parte da iniciativa 'SONMULLER', unha idea promovida polo alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo que cursan a materia de Deseño de Proxectos Culturais, organizada pola profesora María Fernández Trillo.

O proxecto continúa exhibiendose no seu formato orixinal de expo-magazine, presentando a dez mulleres no ámbito da dirección, composición, interpretación, musicología, produción e xestión musical; na súa quinta edición.

As directoras Isabel Rubio e Milagres Porta, as compositoras Carme Rodríguez e Obdulia Pietro, a oboísta Iria Folgado Dopico, a cantautora María Xosé Silvar, as musicólogas Dorothé Schubarth e Sofía Novoa e as produtoras Cristina Pato e Patricia Hermida son as protagonistas da actividade, reivindicando as súas figuras.

Os interesados en asistir poderán visitala presencialmente ou en formato dixital a través das canles do conservatorio, coa finalidade de que se poida revisar no futuro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora