'Primavera feminista', Pontevedra conmemora o 8M con tres meses de actividades

Este venres 6 de marzo comezan as actividades feministas que se estenderán inicialmente ata o 3 de xuño segundo informou a concelleira de Igualdade, Anabel Gulías

Anabel Gulías presenta a programación do 8M
Anabel Gulías presenta a programación do 8M / Concello de Pontevedra

Este ano, o Concello de Pontevedra impulsou un proxecto novo para alargar a axenda feminista, con actividades que dan voz ás mulleres, durante todo o ano.

Anabel Gulías, a concelleira de Igualdade, expuxo a programación do Día Internacional da Muller de 2026 baixo a lema "Non van conseguir que o medo nos volva a encerrar nas casas". Esta campaña xorde do illamento das mulleres a un ámbito doméstico.

Unha iniciativa da loita por aumentar a presenza das mulleres nos espazos públicos xa se logrou coa mofidicación do nome da rúa Juan Carlos I ao da galeguista Virxinia Pereira Renda; sendo Pontevedra unha das primeiras cidades en realizar este cambio.

Para expresar a importancia da conmemoración, a concelleira de Igualdade mostrou a súa preocupación ante a situación actual do feminismo, que está a atravesar un momento de negacionismo e reaccións agresivas.

Posteriormente, Anabel Gulías presentou a súa proposta dunha 'Primavera feminista', con actividades ao longo de tres meses.

Os actos empezarán este venres 6 de marzo, colocando o cartel reivindicativo deste 8M na Casa Consistorial, acompañando a lectura do manifesto.

Tras as mobilizacións do domingo 8 de marzo, a próxima fin de semana continuarán os eventos. O venres 13 e sábado 14, o Teatro Principal acollerá o encontro 'As mulleres que opinan son perigosas', coordinado por Diana López Varela e Susana Pedreira Buján.

O luns 23 de marzo, o IES Frei Martín Sarmiento encargarase de ler o manifesto novamente, esta vez durante a celebración do pleno do Concello.

Continuando coa axenda prevista, en abril poderase asistir a unha reunión do club 'O Sofá Violeta' celebrada no Centro Social de Cons, en Mourente. Nesta intenvendrá a escritora e crítica teatral galega Inma López Silva co seu libro 'Por que Asunta'.

Ademais, tamén está prevista unha charla, aínda sen data, do libro 'As mulleres no xornalismo galego: A crónica revelada'.

En maio terán lugar dúas charlas no Teatro Principal. O mércores 6, 'Tolas ou rebeldes, control social e represión
das mulleres'
, coa investigadora María Jesús López Escudeiro e a autora dun ensaio sobre a represión das mulleres no psiquiátrico de Conxo. O mércores 20, 'Rachando o silencio das violencias', con la escritora y periodista feminista Cristina Fallarás.

Para completar o mes, realizaranse talleres de igualdade, educación sexual e prevención de violencia machista nos colexios, non só para alumnado, senón tamén para docentes e familias.

Finalmente, o mércores 3 de xuño organizarase a última conferencia no Teatro Principal con Ledicia Costas: 'A voz escrita das mulleres'.

Anabel Gulías asegurou a necesidade de reivindicar e visibilizar esta loita feminista desde o Concello, que creou unha newsletter, co obxectivo de difundir futuras actividades e recibir propostas, que abrirá a súa subscrición a partir do día 8 de marzo na páxina web de Igualdade.

Arquivado en