A Marcha Mundial das Mulleres convoca a manifestarse en Pontevedra o 8M

Pontevedra
28 de febreiro 2026
Actualizado: 03 de marzo

A manifestación está convocada para o vindeiro domingo 8 de marzo ás 18:00 horas, con saída e fin na Praza da Peregrina

Convocatoria da manifestación polo 8M
Convocatoria da manifestación polo 8M / Marcha Mundial das Mulleres

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) fai un chamamento a manifestarse en Pontevedra o próximo 8 marzo para reivindicar as vidas dignas das mulleres.

Baixo a lema 'Feminismo é Revolución​​​​​​' a MMM insiste na necesidade de facer fronte desde o local á persistencia da desigualdade.

Así, pediu unha "gran participación" na manifestación convocada na cidade para o vindeiro domingo 8 de marzo ás 18:00 horas, con saída e fin na Praza da Peregrina.

A portavoz, Carme Fouces, denunciou o "espellismo de igualdade" que aínda hai hoxe en día na sociedade. As mulleres, sinalou, seguen soportando "máis precariedade, temporalidade disfrazada de conciliación, cobrar uns 4.700 euros menos de media ao ano e asumir maioritariamente os coidados".

Fouces manifestou que a reforma laboral afecto a toda a clase traballadora, pero con máis forza ás mulleres.

"A pobreza ten rostro de muller. Pode ser unha muller soa con fillos ao cargo, cun contrato precario, facendo horas extra sen cobrar, soportando abusos laborais e sexuais -soportando ao baboso do xefe ou do seu compañeiro-, e chegando á casa esgotada sen saber poderase pagar os recibos. E todo se agrava si es migrante, novo, maior, ou tes unha discapacidade", insistiu.

É por iso que desde a MMM convidan a reivindicar o 8M xuntas, con forza e colectivamente, porque "cando as mulleres se moven, moven o mundo".

"Este 8M, todas á rúa. Por nós, polas nosas fillas, polas que veñen detrás e polas que nos seguirán. Está en xogo a vida presente, a futura e unha vida digna", concluíu Fouces.

A presentación da campaña 'Feminismo é Revolución. Terra Viva. Pobos Libres. Vidas Dignas' deste 8M tivo lugar este venres na Casa a Luz por representantes da MMM, entre elas integrantes de CIG, BNG, Erguer, Galiza Nova, As Moiras, As Amarindas, Mocidade Galega Pola Memoria, Comando Mazá, Arela e SLG.

Arquivado en