O Armadiña Rock 2019 comeza a tomar forma. Os organizadores do festival, que se celebrará en Combarro os días 23, 24 e 25 de agosto, desvelaron os nomes das dúas primeiras bandas que integrarán o seu cartel: son NAO e Bastards on Parade.
NAO, unha banda galega de rock que se caracterizou polo seu forte compromiso social, atópase en plena xira de despedida. En Combarro presentarán os temas do seu último disco, Ata que o lume se apague, e volverán mostrar o seu enérxico directo.
Pola súa banda, Bastards on Parade regresarán ao Armadiña Rock oito anos despois e farano con novo disco debaixo do brazo, Cara a liberdade.
Os coruñeses, que combinan o punk-rock coas súas raíces celtas, dará un novo concerto en Combarro tras unha década de xira continua polos principais circuítos de salas de toda Europa e os festivais máis punteiros a nivel nacional e internacional.
O festival irá anunciando novos nomes ao longo das próximas semanas.