O Festival Atlántica regresa cunha nova edición que volverá demostrar que os contos poden habitar en calquera espazo.
Na súa décimo cuarta edición, o certame contará cunha programación que combina narración oral, rutas, patrimonio arquelógico e propostas familiares en zonas tan diversas como centros educativos, xardíns botánicos ou espazos vinculados ao mar.
Sanxenxo será parada o 2 de xullo coa actividade familiar 'Can de Palleiro', de Dani Blanco, no CEIP Telleiro de Noalla, e con 'Historias de Bemol Pequeno', a cargo de Música Miúda, na Casa Mariñeira Don Fernando.
A programación continuará o 3 de xullo en Caldas de Reis, onde o festival apostará por unir patrimonio e narración.
A xornada incluirá unha visita guiada aos petróglifos e a representación de 'Donas do Lugar', de María da Pontragha, no Botánico de Caldas.

Pazos de Borbén tomará a remuda o 4 de xullo cunha proposta que combina espazos naturais e memoria local.
No Carballo de Martiz, Rafa Quintía presentará 'Non país dás cousas marabillosas', en formato de ruta arqueolóxica, mentres que o 10 de xullo o Auditorio Municipal acollerá o espectáculo 'Contara', de Celso Fernández Sanmartín.
Neste enlace podes consultar o programa dos adultos e neste o dos máis pequenos.