Novos Cinemas ofrecerá por primeira vez en España toda a obra do cineasta belga Bas Devos

Pontevedra
22 de novembro 2019

O belga Bas Davos será o cineasta sobre o que o Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, porá o foco na súa cuarta edición. O director estará presente durante o certame para presentar as súas proxeccións e encontrarse co público

Fotograma da película "Ghost Tropic" de Bas Davos
Fotograma da película "Ghost Tropic" de Bas Davos / Novos Cinemas

O belga Bas Davos será o cineasta sobre o que o Novos Cinemas, o Festival Internacional de Cine de Pontevedra, porá o foco na súa cuarta edición. O director estará presente durante o certame para presentar as súas proxeccións e encontrarse co público.

Será a primeira vez que as súas tres películas poderán verse en España. O programa de proxeccións dedicado a Devos repasará a súa obra completa no campo da longametraxe e constará de tres filmes: Ghost Tropic, inédita en España, Hellhole e Violet.

O invitado de Novos Cinemas naceu en Bélxica en 1983. Despois de facer catro curtametraxes, completou a súa primeira longametraxe, Violet (2014), sobre unha adolescente que é testemuña do asasinato da súa mellor amiga. A película gañou o premio do xurado nunha das seccións do festival de cine de Berlín. 

Despois chegarían Hellhole, ambientada nos meses posteriores aos ataques terroristas en Bruxelas; e a última delas, Ghost Tropic, protagonizada por Saadia Bentaïeb como unha muller magrebí que queda durmida no último metro e, tras espertar, descobre que debe volver a casa andando e enfrontarse a unha cidade non sempre acolledora.

O festival Novos Cinemas celebrará a súa cuarta edición entre os días 10 e 15 de decembro.