O 26 de abril, cita con León Benavente na Sala Karma

Pontevedra
31 de marzo 2017

León Benavente, unha das grandes referencias da escena independente nacional, chegará a Pontevedra o próximo 26 de abril. Será como parte do ciclo Escenarios Mahou, que contará cun concerto na Sala Karma

Leon Benavente Leon Benavente

León Benavente, unha das grandes referencias da escena independente nacional, chegará a Pontevedra o próximo 26 de abril. Será como parte do ciclo Escenarios Mahou, que contará cun concerto na Sala Karma.

A banda de Abraham Boba será unha das protagonistas do ciclo de concertos que traerá a Galicia a artistas da talla de Christina Rosenvinge, Zahara, DePedro, Second, La Habitación Roja ou Rayden.

León Benavente presentará en directo os temas de 2, o seu segundo traballo discográfico. Ademais, tamén haberá tempo para cancións do seu álbum debut ou para as que se inclúen no EP En la selva, editado recentemente.

Baixo o lema "saborea o directo con Mahou", o concerto supoñerá unha experiencia única para o público. Neste ciclo búscase unha experiencia auténtica e próxima, xa que os artistas convidados actuarán en aforamentos moi inferiores aos que afán. 

Entre as sorpresas de Escenarios Mahou atópase a "canción do público". Os asistentes poderán elixir, por votación, un tema da lista de cancións do artista que despois será interpretado en directo.

Ademais, grazas a unha promoción da marca, seis persoas terán a posibilidade de gozar, en cada concerto, dun Meet & Greet co artista.

As entradas para este concerto xa están á venda en www.ticketmaster.es.