O Ábrete de orellas, candidato aos Premios Galegos da Música

Pontevedra
18 de abril 2018

O programa Ábrete de orellas, que PontevedraViva Radio emite desde este mes de abril, é un dos finalistas da quinta edición dos Premios Galegos da Música. Foi nomeado como mellor espazo de comunicación musical, un galardón que xa obtivo no ano 2016

Foto dos nomeados nos Premios Galegos da Música
Foto dos nomeados nos Premios Galegos da Música / Xabicas / Premios Galegos da Música

O programa Ábrete de orellas, que PontevedraViva Radio emite desde este mes de abril, é un dos finalistas da quinta edición dos Premios Galegos da Música. Foi nomeado como mellor espazo de comunicación musical, un galardón que xa obtivo no ano 2016.

Os nomeados a estes premios coñecéronse nunha festa celebrada en Cambados. Agora, será un xurado, integrado por músicos e profesionais do sector, quen  escollerá os proxectos premiados, que serán homenaxeados na gala que se celebrará o próximo 9 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Os candidatos son:

Pop e Indie

  • Eladio y los seres queridos
  • Espiño
  • Novedades Carminha

 

Rock:

  • Igmig - Ai que lío
  • Mad Martín Trío
  • Moon Cresta

 

Jazz e músicas improvisadas

  • Xacobe Martínez Antelo Trío
  • Yago Vázquez Trío
  • Virxilio da Silva's Juzz

 

Música clásica e contemporánea

  • Aida Saco Beiroa
  • Assane
  • Som do Galpóm

 

Música tradicional e folk

  • Tanxugueiras
  • Xosé Lois Romeiro & Aliboria
  • Os D'Abaixo

 

Músicas do mundo

  • Nastasia Zürcher
  • Turma Caipira
  • Brais Morán

 

Música infantil

  • A Gramola Gominola
  • Pitusa Semifusa e Os Estilos Musicais
  • Pakolas

 

Electrónica

  • Músculo!
  • Cintaadhesiva
  • Mounqup

 

Metal

  • Vörtex
  • Arrhythmia
  • Raiba

 

Reggae, ska e mestizaxe

  • Chokotoeu
  • The Turre's Band
  • Natural Green

 

Orquestras, grupos e música de verbena

  • Los Satélites
  • Costa Dorada
  • Grupo Limón

 

Blues, funk e soul

  • Best Boy
  • Carmen Rey
  • The Lákazans

 

Canción de autor

  • Caxade
  • A Banda da Loba
  • Uxía

 

Música vocal

  • Sisters in the House
  • De Vacas
  • Encaixe

 

Mellor festival

  • Nigránjazz
  • Resurrection Fest
  • Festival de Pardiñas

 

Mellor sala

  • Sala Garufa Club
  • A Arca da Noe
  • El Contrabajo Club

 

Mellor espazo de comunicación musical

  • Músicas galegas ilustradas
  • Ábrete de orellas
  • Tolemias.tv

 

Os proxectos finalistas foron escollidos polas socias e socios de Músicos Ao Vivo mediante votación online entre un total de 449 proxectos inscritos (superando os inscritos da anterior edición): 397 grupos, 14 salas, 22 festivais e 16 espazos de comunicación musical.

Durante o acto presentáronse tamén os chamados "melómanxs", as estatuíñas rematadas no obradoiro do escultor e músico, Víctor Lorenzo, que se entregarán aos premiados na gala de Pontevedra.

Alí, ademais dos 18 gañadores, entregarase tamén o Premio Honorífico Músicos Ao Vivo, que este ano será dobre, un premio a dúas persoas moi valoradas polo sector musical galego.