Cheo na Praza da Chousa de Combarro na animada primeira xornada de concertos do Armadiña Rock.
O festival, consolidado xa no panorama autonómico, congregou este venres máis de 9.000 persoas segundo a organización grazas en parte aos galegos Heredeiros da Crus e a súa lexión de seguidores.
Con eles chegou o punto álxido da noite, pero antes xa pasaran polo escenario Blues do País e Brinkadelia para quentar o ambiente. Ademais completou a xornada Dakidarría.
En difinitiva, exitosa primeira xornada que deixa o listón alto para a que se espera este sábado na Chousa, con bandas que arrastran un bo número de fans como Talco ou Def con Dos.
Os encargados de abrir a programación de sábado serán Carla Green & The Demons ás 20:30 horas, seguidos por esta orde de Kitai, Ruxe Ruxe, Talco, Def con Dos e Bala, garantindo a diversión ata altas horas da madrugada.