O Atlantic Fest pon data e hora para todos os concertos da súa nova edición

O Salnés
29 de xuño 2023

Queda xa menos dun mes para unha nova edición do festival Atlantic Fest, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa entre os días 20 e 23 de xullo, e os organizadores quixeron desvelar este xoves o horario de todos os concertos que integrarán o seu cartel

Un dos concertos do Atlantic Fest 2022 Atlantic Fest

Queda xa menos dun mes para unha nova edición do festival Atlantic Fest, que se celebrará en Vilagarcía de Arousa entre os días 20 e 23 de xullo, e os organizadores quixeron desvelar este xoves o horario de todos os concertos que integrarán o seu cartel.

Haberá cinco escenarios, tres deles na propia Praia da Concha e os outros dous en espazos urbanos de Vilagarcía: a Praza de Galicia e o auditorio municipal.

Neste último comezará o Atlantic Fest 2023. Será o xoves 20 de xullo, ás 21:00 horas, co recital "Esto no es una canción", a cargo de Abraham Boba, vocalista de León Benavente.

Os concertos do venres 21 e do sábado 22 repartiranse entre os tres escenarios que haberá no recinto do festival, con apertura de portas ás 19:00 (venres) e 13:00 horas (sábado).

Nebulossa (19:30 horas), Lontreira (20:15 horas), Cariño (20:50 horas), The Guapos (21:40 horas), Rocío Saiz (22:30 horas), Viva Suecia (23:20 horas), León Benavente (00:55 horas) e Eme DJ (02:30 horas) compoñerán a oferta musical do venres.

Xa o sábado será a quenda de Dani Cornes (13:30 horas), Carlos Risco (14:15 horas), La Bien Querida (14:50 horas), Adiós Amores (16:10 horas), Sidonie (16:55 horas), Núria Graham (18:20 horas), Jota presentando Plena Pausa (19:25 horas) ou Melenas (20:30 horas).

O día grande do festival completarase coas actuacións de Sidecars (21:15 horas), Cupido (22:35 horas), Leiva (23:55 horas), Joe Crepúsculo (01:15 horas) e Eme DJ (02:35 horas).

A Praza de Galicia acollerá o domingo 23 de xullo, baixo a denominación SonEmerxente, os concertos de Anahí (12:30 horas), Law (13:30 horas) e De Ninghures (14:30 horas).

Haberá ademais, en colaboración con Turismo Rías Baixas, unha zona infantil que funcionará o sábado 22, entre as 13:30 horas e as 20:30 horas. Nela haberá obradoiros, unha charla interactiva sobre a historia do rock con Javier Becerra e diversos xogos estáticos.