O Atlantic Fest pon rumbo a 2021 cun concerto de La Bien Querida

O Salnés
04 de agosto 2020

Este 2020 estaba previsto que estrease un novo emprazamento na praia de Concha de Vilagarcía de Arousa, pero o festival tivo que suspenderse pola pandemia. Finalmente, a música si chegará ao recinto o 13 de agosto cun concerto en acústico e para un aforo moi reducido 

Actuación de La Bien Querida
Actuación de La Bien Querida / La Bien Querida

O Atlantic Fest estreará finalmente este verán o seu novo escenario. Este 2020 estaba previsto que estrease un novo emprazamento na praia de Concha de Vilagarcía de Arousa, pero o festival tivo que suspenderse pola pandemia do coronavirus, En todo caso, a música si chegará ao recinto. Será o 13 de agosto cun concerto de La Bien Querida

A cantante  bilbaína presentará o seu novo traballo, titulado 'Brujería', en acústico e para un aforo moi reducido para garantir os protocolos sanitarios eservirá para quentar motores para o Atlantic Fest Camiño Xacobeo 2021. 

A entrada será gratuíta con invitación e as invitacións para asistir poden conseguirse a través do sorteo en Instagram do festival @atlantic_ fest que xa está activo. As persoas que as consigan poderán gozar por primeira vez do espírito do festival ao aire libre.

Será obrigatorio o uso de máscara e manter sempre a distancia de seguridade. Ademais, estipulouse un protocolo de entrada e saída e rógase ser puntual e o uso de xel  hidroalchólico que se poñerá ao dispor de todos os asistentes.

O acceso será graduado entre as 20:50 e as 21:30 e o concerto empezará ás 21.30 horas.  

Durante o concerto, gravarase un vídeo con Ana Fernández-Villaverde, coñecida como La Bien Querida, como protagonista. 

A  bilbaína vive un dos momentos máis doce da súa carreira musical, como unha das raíñas pop indie do momento. Este mesmo verán volveu á carga con ‘Un gatito‘, a primeira canción que lanza desde a publicación de 'Brujería' (setembro 2019).