O Centro Sur organiza este domingo un mercadillo artístico de Nadal

Pontevedra
13 de decembro 2023

A Asociación veciñal Salcedo Norte, con sede no Centro Sur de Pontevedra, organiza un "Mercadillo de novos talentos"

Presentación do mercadillo de Nadal da Asociación Salcedo Norte Asociación Salcedo Norte

A Asociación veciñal Salcedo Norte, con sede no Centro Sur de Pontevedra, organiza un "Mercadillo de novos talentos".

Será este domingo, 17 de decembro, de 11 a 20 horas, no Centro Sur e nel participarán artistas e artesáns que expoñerán as súas obras para a venda "a prezos módicos".

Ademais haberá varios talleres gratuítos de origami, de decoración de galletas de xenxibre, de debuxo manga, concursos infantís de pintura, postos de comida, doces do Nadal e sorteos.

Desde a Asociación Salcedo Norte aseguran que vai ser "un día diferente para pasar en familia e colaborar con mozos emprendedores" e esperan "que resulte unha actividade de interese para todas as persoas que se acheguen ao noso centro social para alcanzar o éxito de público desexado".

Ademais nesta xornada recolleranse alimentos non perecedoiros para doar ao Banco de Alimentos de Pontevedra.