O director do Museo diversificará o tipo de exposicións tras o éxito da mostra de Sete Espadelas

Pontevedra
02 de setembro 2019

'Galicia, a terra dos mil panos' foi a mostra máis visitada neste 2019 no Museo coa presenza de 10.558 persoas, das que 380 participaron en visitas guiadas comisariadas por integrantes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas, de Pontevedra

Inauguración da exposición 'Galicia, terra dos mil panos'
Inauguración da exposición 'Galicia, terra dos mil panos' / Cristina Saiz

José Manuel Rey, o director do Museo de Pontevedra, manifesta a súa satisfacción polo éxito da exposición 'Galicia, a terra dos mil panos' que concluía este domingo 1 de setembro. A mostra foi visitada por 10.558 persoas, das que 380 participaron nas visitas guiadas a cargo dos comisarios, integrantes da Asociación Etnográfica Sete Espadelas.

Este éxito da mostra comisariada por José Luis Rodríguez e David Quiñones que multiplicaron os tres pases previstos inicialmente debido á afluencia de público, tanto de Galicia como do resto do Estado e mesmo internacionais. Por este motivo, chegáronse a ampliar dous días máis os pases para facer fronte á demanda para ver esta mostra de tecidos e mantóns utilizados na vestimenta galega durante os séculos XIX e XX..

Estes datos levan a José Manuel Rey a concluír que é preciso diversificar tipoloxías das exposicións de fronte ao futuro

Trátase da mostra máis visitada neste 2019 no Museo de Pontevedra. Rexistráronse en total no que vai de ano 58.699 visitas, das que preto de 9.400 corresponden ao mes de agosto. Este ano en comparación cos anteriores as cifras de visitas baixaron, segundo indican desde o Museo, debido ao peche das  Ruínas de San Domingos, que por cuestións técnicas permanecen pechadas ao público.