O Festival das Cóxegas remata converténdose en referente para o público familiar

Pontevedra
28 de novembro 2016

Teatro, danza e circo estuvieron representados nos catro espectáculos que conformaron a oferta deste ano, que obtivo unha notable asistencia de público  

Representación de "El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide" Diego Torrado

Este domingo o espectáculo Amour, de Marie de Jongh, pechaba o ciclo Festival das Cóxegas, despois de catro domingos de actividade coas obras  El fantástico viaje de Jonás el espermatozoide, de El Espejo Negro; Des Hábitat, de Vaivén Circo e ¿Cuál es mi nombre?, de Date Danza

As propostas escénicas non só ofreceron teatro senón tamén danza, cun espectáculo que contou coa máxima afluencia de público dentro desta edición do ciclo. As montaxes tamén buscaban fortalecer determinados elementos de solidariedade apuntando que a esencia está na persoa, á marxe da roupa, do lugar de nacemento ou do diñeiro que teña.

A primeira edición do Festival das Cóxegas iniciouse en novembro de 2015 con outras catro propostas para todas as idades, que tamén obtivo un importante éxito e que iniciou a traxectoria deste mostra escénica que se converteu nun referente para o lecer familiar ao longo dos domingos do penúltimo mes do ano.