O Festival de Jazz tira da canteira: Xan Campos pon o broche de ouro

Pontevedra
27 de xullo 2014

Xan Campos Trío tivo ocasión de clausurar o Festival de Jazz de Pontevedra, que a organización no dudidou en cualificar coma un "éxito rotundo" coma testemuñaron as prazas da Ferrería e do Teucro

Concerto de Xan Campos Trío no Festival Internacional de Jazz Diego Torrado

A clausura do Festival de Jazz correu a cargo de Xan Campos Trio.

Xan Campos formou parte da canteira de músicos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra onde estudou cinco anos. Completou estudos no Musikene de Donostia e agora está mergullado no European Jazz Master que o leva dunha cidade a outra de Europa cada seis meses.

O pianista estaba anoite especialmente motivado, transmitindo esa enerxía ao seu grupo, o contrabaixista Horacio García e o batería Iago Fernández que deron vida aos temas do seu último disco Ectropía.

Xan Campos Trío é enerxía e jazz. Tras oito anos xuntos sobre os escenarios, e tamén fora deles, a banda non se etiqueta nin lles preocupa que corrente artística é a súa.

Para a revista estadounidense All About Jazz son "como a sacudida do primeiro café da mañá", eles simplemente pensan en experimentar e gozar da músca xunto ao seu público, sen medo a sairse da norma, nin rachar cos prexuizos.

Xan Campos Trío tivo ocasión de clausurar o Festival de Jazz de Pontevedra, que a organización no dudidou en cualificar coma un "éxito rotundo" coma testemuñaron as prazas da Ferrería e do Teucro.