O folk psicodélico de Arizona Baby, o sábado 3 de novembro, na Sala Karma

Pontevedra
25 de outubro 2012

Presentarán en directo The Truth, the Whole Truth and Nothing but the Truth (La verdad, toda la verdad y nada más que la verdad), o seu novo EP, preludio do disco que lanzarán no 2013

Arizona Baby, o grupo que actuará na Sala Karma en novembro Ricardo Suárez

The Truth, the Whole Truth and Nothing but the Truth (A verdade, toda a verdade e máis nada que a verdade) é o inequívoco título do novo EP de Arizona Baby. Trátase do traballo discográfico que presentarán na Sala Karma de Pontevedra o vindeiro sábado 3 de novembro ás 22:30 horas. Esta minixira galega levaralles, un día antes, tamén á Sala Super 8 de Ferrol.

Este novo EP incorpora 6 temas inéditos e dous bonus tracks, que dado o seu cariz de sorpresa non lles gusta desvelar. Son cancións que algún dos seus seguidores pode gozar xa en directo e outras rigurosamente virxes, que baixo o seu agreste selo de marca inciden no lado mais lírico e folk-psicodélico do grupo.

The Truth, the Whole Truth and Nothing but the Truth está íntegra e voluntariamente realizado baixo o lema "actua local". Gravado na aldea vallisoletana de Casasola de Arión, o grupo reivindica que a autenticidade e o bo son dun disco non necesita do artificio dos grandes estudos de grabación senón da profesionalidade das persoas á vez que reivindican a actitude "actua local" fronte á homogeneización da globalización.

O novo EP vén exercer como eslabón perdido na carreira de Arizona Baby. Algo así como o fin do ciclo Second To None (Subterfuge 2009), o seu debut discográfico e a ponte natural cara a novos territorios. Os que marcará sen dúbida o próximo traballo do grupo, o seu terceiro álbum oficial, que sairá en 2013. E todo iso sen abandonar a súa aventura conxunta con Los Coronas, Corizonas, nomeado recientemente como o grupo revelación de 2012 pola prensa especializada.

Acompañarán a Arizona Baby na súa actuación na Sala Karma o grupo Queridos extraños. As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 10 euros como anticipada e 13 euros en taquilla, pódense comprar nos puntos de venda habituais, Rei Zentolo, Pequeno Karma e na taquilla electrónica: www.ticketea.com