O Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal celebra o 40 aniversario recuperando o Festival no Pazo da Crega

Barro
12 de setembro 2023

A cita cultural será o sábado 16 de setembro ás 19.00 horas no Pazo da Crega de Barro

Actuación do Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal

Este sábado 16 de setembro, o Pazo da Crega, de Barro, acollerá o XXVII Festival de baile folclórico, que organiza o Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal, que neste 2023 celebra o seu corenta aniversario.

Recupérase esta cita cultural despois da pandemia. A agrupación organizadora compartirá escenario con A.C. Os Afoutes do Canón de Pau, de Cotobade; con Paradanda Grupo Folclórico do Grove; e Valle Miñor, chegados desde Montevideo.

A cita, que comezará ás 19.00 horas, contará tamén con sorteos de diferentes lotes de produtos entre o público asistente. 

O Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal leva catro décadas promovendo a cultura tradicional galega e organizando este evento no que coinciden agrupacións veciñais e tamén grupos internacionais.