O paraíso masculino de Jacques "o fatalista"

Pontevedra
07 de outubro 2016

O Teatro Principal foi escenario para a última obra de Produccións Excéntricas, "Os amores de Jacques o fatalista"

"Os amores de Jacques o fatalista"
"Os amores de Jacques o fatalista" / Diego Torrado

O Teatro Principal foi escenario para a última obra de Produccións Excéntricas, "Os amores de Jacques o fatalista".

Jacques o fatalista e o seu amo cóntanse historias, falan da vida e acaban por falar do amor, como fai case todo o mundo. Aproveitando que non hai mulleres, permítense dicir cousas que non se atreverían a dicir con elas diante.

Este paraíso masculino estrágase cando aparece a Pousadeira. Ela é tan faladora como Jacques e conta contos, fala das cousas da vida e emite asombrosas opinións sobre as mulleres e os homes sen importarlle que a escoiten os homes.

Os artistas son catro, María Costas, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Piti Sanz, que se multiplican no cambio de personaxes, de puntos de vista, de posición no frívolo xadrez imaxinado pola mente libertaria de Diderot.