O xoves estréase 'Superpunky', a primeira curta musical rodada integramente en Pontevedra

Pontevedra
24 de outubro 2016

A estrea desta curtametraxe realizada por Pablo Cacheda será este xoves ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra. No reparto atópanse artistas como Fernando González, Sabela Arán, Antea Rodríguez e Cova Berdiñas

'Superpunky', de Pablo Cacheda Volvemos a Primera e Abella Creativa

Pontevedra conta co seu propio musical. Co título 'Superpunky', este xoves 27 ás 21.00 horas no Teatro Principal de Pontevedra estrearase oficialmente esta curtametraxe coa presenza dos principais intérpretes e do director desta película, Pablo Cacheda.

'Superpunky' é unha obra que quere mostrar o talento musical galego integrado nunha trama de ficción, parodiando os musicais convencionais. Cóntase a historia de Belén e Rebeca, dúas amigas íntimas que comparten gustos musicais durante a súa etapa adolescente. Ao chegar á universidade, eses gustos sepáranse e comezan os conflitos entre ambas as ata a aparición de Quique, un neno prodixio que se converteu en cantautor maldito.

O proxecto conta coa colaboración do Concello de Pontevedra, a través da Pontevedra Filme Comission. O elenco artístico está formado por intérpretes como Sabela Arán, Fernando González, Antea Rodríguez e Cova Berdiñas. Toda a película foi rodada en escenarios de Pontevedra.

Os encargados de presentar a estrea de 'Superpunky' serán os Monoulious Dop, que conducirán a gala de presentación con humor e diversas sorpresas. Tras finalizar o acto, ofrecerán un concerto no Marilyn Pontevedra.

Pablo Cacheda é un mozo director pontevedrés que logrou un importante éxito con 'Clases do social, a webserie', tamén rodada na cidade do Lérez.