O ciclo de cinema euroárabe Amal en Ruta arrancará este luns coa proxección do documental Gods of Molenbeek, cinta que fala a través da mirada duns nenos do distrito Molenbeek, en Bruxelas, coñecido por ser un dos epicentros do yihadismo europeo
A película, obra da cineasta danesa Reetta Huhtanen, poderase ver de maneira gratuíta no Teatro Principal, a partir das 21:00 horas. Emitirase en versión orixinal subtitulada.
O distrito de Molenbeek, en Bruxelas, ten fama de ser un dos epicentros do yihadismo europeo, pero para Aatos e o seu amigo Amine, é simplemente o seu fogar familiar.
Xuntos buscan respostas ás grandes preguntas da vida, pero a brutalidade do mundo adulto irrompe cando os terroristas detonan unha bomba no barrio.
A súa directora, Reetta Huhtanen, é graduada na ELO Film School de Finlandia. Estudou realización de documentais, ademais de licenciarse en Socioloxía e Filosofía.
As súas películas, The Coffee Break, sobre tres eternos estudantes, e Economic Forecasts, sobre o opaco universo da economía, proxectáronse en numerosos festivais internacionais. Gods of Molenbeek é a súa primeira longametraxe documental.