Os libros en galego reclaman o seu espazo no Día das Letras Galegas

Pontevedra
17 de maio 2019

As Letras Galegas están de festa e que mellor maneira para celebralo que saír á rúa para buscar novos lectores. Ese foi o espírito da xornada que protagonizaron dez librerías da cidade de Pontevedra

Postos de venda das librarías de Pontevedra no Día das Letras Galegas Diego Torrado

As Letras Galegas están de festa e que mellor maneira para celebralo que saír á rúa para buscar novos lectores. Ese foi o espírito da xornada que protagonizaron dez librerías da cidade de Pontevedra.

Todas elas instalaron postos de venda nos Soportais da Ferrería en horario matinal e vespertino. Foron moitas as persoas que se achegaron a coñecer as últimas novidades do mercado literario galego.

Participaron nesta actividade, organizada polo Concello, as librerías Aviones de Papel, Clip, D-lectum, El Pueblo, Escolma, Espazo Lector Nobel, La Nube de Papel, Luna Nueva, Paz e Seijas.

Ademais, varios escritores, todos con obra recentemente publicada, estiveron asinando libros. Foron Pedro Feijóo, Iria Collazo, Arantza Portabales e Ledicia Costas.

Estas dúas últimas, que acaban de publicar as súas novelas Beleza vermella e Infamia respectivamente, destacaron que iniciativas como esta contribúen a "acabar con que as Letras Galegas sexan esa ponte que aproveitan os galegos para viaxar" e que se aproximen aos libros como pasa en Cataluña con Sant Jordi, "unha festa que vemos con moita envexa".