Os prioratos e o modernismo abren las 'Xornadas Sanxenxo na Historia'

Sanxenxo
29 de agosto 2024

Esta edición desenvólvese na Sala Nauta debido ás obras que se executan no seu emprazamento habitual, o Auditorio Emilia Pardo Bazán

Xornadas Sanxenxo na Historia Concello de Sanxenxo

Os priorados e o modernismo foron os dous eixos temáticos que abriron este pasado mércores as decimoquintas 'Xornadas Sanxenxo na Historia' que nesta ocasión cambian de emprazamento. As obras que se realizan no Auditorio Emilia Pardo Bazán trasladan esta convocatoria estival ás dependencias da Sala Nauta do porto.

Henrique Neira, investigador da Universidade de Santiago de Compostela abriu esta edición falando dos priorados de Sanxenxo, autoridades monacales, mosteiros e conventos. Seguidamente o arquitecto pontevedrés Rafael Fontoira falou sobre o modernismo nos arredores de Sanxenxo.

 Estas xornadas forman parte xa das propostas estivais deste municipio e que organiza a Asociación de Estudos Locais de Sanxenxo Aelos en colaboración co Concello de Sanxenxo. A sesión concluíu cun coloquio moderado por Carmen Outón, directiva de Aelos.

Este xoves 29 tomarán a substitución Eduardo Esteban Meruéndano cun relatorio titulado 'Cristóbal Colón e Sanxenxo' e seguidamente o relatorio 'O Camiño de Santiago desde a Antártida' a cargo de José Ricardo Gato.