Palabras que salvan futuros e removen presentes en Marín polas Letras Galegas

Marín
18 de maio 2025

A escritora Nuria Vilán Prado, máis coñecida como Nuria Vil nos circuitos escénicos, foi este sábado unha das protagonistas da xornada na programación de 'Marín, Vila do Libro'

Acto institucional en Marín Vila do Libro polo Día das Letras Galegas
Acto institucional en Marín Vila do Libro polo Día das Letras Galegas / Concello de Marín

A escritora Nuria Vilán Prado, máis coñecida como Nuria Vil nos circuitos escénicos, foi este sábado unha das protagonistas da xornada na programación de 'Marín, Vila do Libro'.

Gañadora do XVIII Certame de Narración Curta de Marín, esta poeta, escritora, divulgadora e 'resitadora' recolleu o cheque de 1.000 euros deste galardón da man da alcaldesa, María Ramallo.

Foi no marco do acto institucional do Día das Letras Galegas celebrado na Praza do Reloxo, na Rúa do Sol. 

Baixo o lema 'Palabras que salvan futuros e removen presentes', a cita 'Marín Vila do Libro' aposta durante toda a fin de semana polo libro como ferramenta de transformación social e promoción da cultura galega coincidindo coa conmemoración do Día das Letras Galegas.

Durante a mañá do sábado, acolleu unha mesa redonda sobre a figura do poeta e tradutor Josep M. Llompart, que levou a poética galega ao catalán de Martín Códax no século XX.

Contacontos, un concerto das Chaneiras ou obradoiros de encadernación acompañaron a programación da xornada, que tamén tivo dous recitais poéticos, un con Richard Pazos e a asociación Céltica e outro con Fran Fernández, gañador do certame de poesía do ano pasado, e Tamara Andrés.

A actriz Sabela Hermida achegou aos asistentes o compromiso político e social da figura da actriz María Casares, mito do cine francés, país onde tivo que exiliarse con 17 anos antes de rematar a Guerra Civil.

Sebastià Benassar detívose na ponte creada entre Galicia e Cataluña por parte do escritor Manuel Vázquez Montalbán.

O día rematou co concerto polas Letras Galegas da Coral do Centro Sociocomunitario de Marín, a Coral Ondas do Mar de Vigo e o Coro Liceo de Navia no interior da Igrexa Vella.

Este domingo seguirá unha intensa xornada con programación literaria, que se pode consultar íntegra en www.viladolibro.gal/marin.