En apenas unha semana, Novos Cinemas levantará o pano dunha edición moi especial. O Festival Internacional de Cinema de Pontevedra cumpre dez anos e celebrarao reivindicando a esencia que lle converteu nun 'refuxio' para os novos creadores.
Con películas de até dezaoito nacionalidades, Novos Cinemas ofrecerá no Teatro Principal, entre os días 9 e 13 de decembro, unha programación "extremadamente heterodoxa", segundo destacou o seu director artístico, Suso Novás.
"Queremos visibilizar un tipo de cine que noutros contextos non se pode dar", sinalou o programador, traballando sobre todo con propostas e grupos que están "subrepresentados". Serán, como sempre, primeiros ou segundos filmes de realizadores e realizadoras de todo o mundo.
Á sección oficial desta décima edición de Novos Cinemas concorrerán nove filmes.
Entre elas estarán as españolas Glass Bottom Ferry. Sobre fronteras y utopías sumergidas, de Chus Domínguez; e La anatomía de los caballos, dirixida polo peruano Daniel Vidal Toche.
A iraniana The Crowd, de Sahand Kabiri; a australiana Us And The Night, de Audrey Lam; ou a estadounidense Revelations Of Divine Love, de Caroline Golum, tamén foron seleccionadas.
Estarán ademais dúas representantes portuguesas, As Estaçoes, de Maureen Fazendeiro; e Duas Vezes João Liberada, de Paula Tomás Marques; a serbia Wind Talk To Me, de Stefan Djordjevic; e Gods Are Watching, de Yesir, chegada desde Malaisia.
Outras catro películas competirán, pola súa banda, na outra gran sección do festival, denominada Latexos e reservada para proxectos audiovisuais máis íntimos e experimentais.
Serán as películas Quien vio los templos caer, da directora española Lucía Selva; Yankee, da mexicana Yamel Thompson; Rotacismo, do ecuatoriano Ricardo Ruales Eguiguren; e Yrupẽ, da tamén española Candela Sotos.

A elas sumarase o Foco, a sección retrospectiva do festival, dedicado á produtora arxentina Un Puma, que segundo Suso Novás, "representa unha forma militante de facer cine" onde a produción "permea todo o filme", desde a súa escritura até a exhibición en sala.
Novos Cinemas exhibirá os días 13 e 14 de decembro as curtametraxes Enfrentar animales salvajes (2014), El novio actual (2015), T.R.A.P. (2018) y Parsi (2019), o mediometraje Siete años en mayo (2019) e a película Arturo a los 30 (2023).
O festival, como xa se anunciou, inaugurarase con As liñas descontinuas, segunda longametraxe de Anxos Fazáns; e clausurarase con Así chegou a noite, de Ángel Santos; dous filmes "aparentemente diferentes pero con concordancias en temas e na forma de facer cine".
Dani Froiz, director de Novos Cinemas, expresou que cumprir este dez anos "nos fai lembrar un pouco o paso dos creadores por este festival", cineastas que tras exhibir en Pontevedra os seus primeiros filmes "hoxe moitos deles van polo mundo triunfando co seu cine".
Lembrou ademais que este festival naceu co obxectivo de "poñer o foco" na formación de novos espectadores e de tentar ser un "fío condutor" entre as diferentes propostas culturais de Pontevedra, unha liña de traballo que intensificarán nos próximos anos.
APOIO INSTITUCIONAL UNÁNIME
Na súa presentación, a vicerreitora do campus de Pontevedra, Eva María Lantarón, celebrou que este festival poña o foco nas voces "dos que máis nos identifigan" e o faga con películas "que nos cuestionen e nos propoñan novas formas de ver o mundo".
Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, encomiou o labor "fundamental" que realiza Novos Cinemas para "crear cidade", ao atraer a grandes directores "que logo sempre din que empezaron a súa carreira en Pontevedra".
Para o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, este festival é un "orgullo" para todos os pontevedreses e destacou que o seu crecemento ten que ver coa "enorme diversidade cultural" da cidade, no seu caso, "descubrindo novos talentos".

Presentación da Edición 10 do festival Novos Cinemas