PODCAST. A fórmula maxistral de Dani Piñeiro chámase 'Cartas al pasado'

Pontevedra
15 de maio 2026

É pontevedrés. Actualmente reside e traballa en Barcelona. Farmacéutico de profesión, publicou este xoves o seu álbum debut. O 17 de maio subirá a YouTube o vídeoclip do track 'Voltar sempre'

Dani Piñeiro publica o seu primeiro elepé titulado 'Cartas al pasado'
Dani Piñeiro publica o seu primeiro elepé titulado 'Cartas al pasado' / Dani Piñeiro

Grella de saída. Quen é Dani Piñeiro? Un mozo oriúndo de Pontevedra. Hai tres anos que reside e traballa en Barcelona. É farmacéutico. Tamén canta e compón.

Ese último é o motivo polo que pon un nome propio a este capítulo do podcast 'Cara a cara'.

Aténdenos desde a cidade condal para coñecer máis detalles do que xa é, desde hai escasas horas, o seu álbum debut: 'Cartas ao pasado'.

Comezou a formarse en canto antes que en Farmacia; e por datas, tamén antes no rap, rap lírico para máis detalle.

Seguen notándose eses beats no novo disco, pero agora envólveo o pop ensamblado ao urbano e mesmo ao latino.

Once tracks que xa se poden escoitar nas plataformas de streamming e que, como avanza, espera que sen tardar moito tamén estean en formato físico.

Constatamos con el a súa evolución musical, tres sinxelos que publicou en 2022 e outros tantos ao ano seguinte.

"Non me deixou de gustar o que facía, pero algo me pedía facer novas cousas, explorar novos sons e cantar un pouco máis, que realmente é o que sempre fixen", explica.

'Salgo a buscarte' e 'Lllevarte a la luna' serviron de avances deste álbum. A última, di, foi o principio de todo: "foi a primeira canción que compuxen nestes novos ritmos. Unha mestura de xéneros, é moi funky e gustoume moito como quedou. Foi a que me fixo dicir, oe, por que non tiramos por aquí? e logo xa viñeron todas as demais".

Na recámara gardouse un videoclip que poderá verse este próximo 17 de maio na súa canle de YouTube.

Trátase de 'Voltar sempre', que pecha o disco, e na que quixo facer unha homenaxe a todas as persoas que como el conxugan un presente fóra do seu lugar de orixe.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora