Pontevedra premia a creatividade xuvenil en galego no certame "Ben Veñas, Maio"

Pontevedra
10 de maio 2025
Actualizado: 21:00

Nun acto celebrado no Pazo da Cultura fíxose entrega dos premios do "Ben Veñas, Maio", o certame organizado polo Concello de Pontevedra con motivo do Día das Letras Galegas

Entrega de premios do certame 'Ben Veñas, Maio'
Entrega de premios do certame 'Ben Veñas, Maio' / Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra, en colaboración cos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros públicos de ensino secundario, entregaron este sábado no Pazo da Cultura os premios do certame "Ben Veñas, Maio".

A iniciativa, consolidada como referente na promoción do uso do galego entre a mocidade local, suma máis de dúas décadas de historia abarcando as categorías Tik-Tok e Reels de Instagram (que celebra a súa cuarta edición), Certame Musical (24ª edición), Curtametraxes (9ª edición), Fotografía (24ª edición), Cómic (32ª edición), Narración Curta (32ª edición) e Poesía (24ª edición).

No caso das Curtametraxes os premios recaeron en Sara Pérez Outeda, do IES Torrente Ballester, pola súa obra 'O mar non esquece', e en José Saavedra Martínez, Alicia Rivera Bonilla, Sara Martínez Filgueira, Lara García Mejuto e Julia Halcón Félix, do IES A Xunqueira II, por 'Avaricia mortal'.

María García Gutiérrez, do IES A Xunqueira II, alzouse co primeiro premio pola súa fotografía 'Ense non', mentres que o segundo premio foi para Joyce Kamal, do mesmo instituto, por 'Max Mix 4'.

No certame de Cómic, Santiago Fernández López, do IES Torrente Ballester, obtivo o primeiro premio por 'O reto do galego' na Categoría A e Lucía Crespo Teijeiro, do IES Sánchez Cantón, fíxose co a segunda posición por 'Chámome Violeta'.

Na Categoría A de Narración Curta, Sara Martínez Filgueira, do IES A Xunqueira II, gañou o primeiro premio pola súa narración 'As agullas do destino', mentres que o segundo o compartiron José Saavedra Martínez, do IES Xunqueira II, co seu 'Legado sombrío', e Emma Covelo Fernández, do IES Torrente Ballester, con 'A maldición do Torrente Ballester'.

Na Categoría B, o primeiro premio foi para María García Gutiérrez, do IES A Xunqueira II, por 'O fío do tempo en galego'.

No certame de Poesía, Noa Alfonsín López, do IES Val Inclán, fíxose co primeiro premio na Categoría A polo seu poema 'TOC' e Alicia Rivera Bonilla, do IES A Xunqueira II, levou o segundo por 'Anécdotas dende a mirilla'.

Na Categoría B, María García Gutiérrez, do IES A Xunqueira II, gañou o primeiro premio por 'Falabamos baixiño' e o segundo recaeu en Breixo Rivas Remiseiro, do IES Xunqueira II, por 'Alén das guerras'.

Por último, os premios musicais foron para 'As Meigas', formado por Sara Martínez Filgueira e Julia Falcón Félix do IES Xunqueira II e 'Vos Demoanxos', integrado por Carlos Blanco Rodríguez e Bruno González Martínez do IES Sánchez Cantón; mentres que o Premio Especial foi para 'Sudden Ray of Hope', composto por Miguel Pérez Alonso, Eneko Leonet González, Mario Lueiro Fernández, Gabriela Piñeiro e Ana Lusquiños Llorens.