Premio ao talento mozo na gala 'Ben Veñas, Maio'

Pontevedra
30 de maio 2026
Actualizado: 20:35

O salón de actos do Pazo da Cultura acolleu este sábado a gala de entrega de premios do certame Ben Veñas, Maio 2026, organizado polo Concello de Pontevedra

Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'
Gala 'Ben Veñas, Maio 2026' / Cristina Saiz

A creatividade xuvenil ben merece unha celebración ao grande.

O salón de actos do Pazo da Cultura acolleu este sábado a gala de entrega de premios do certame Ben Veñas, Maio 2026, organizado polo Concello de Pontevedra en conlaboración cos equipos de normalización e dinamización lingüística dos centros de ensino secundario da cidade.

O evento estivo presentado por Alicia Rivera e Elaia, alumnas de 4º de ESO do IES A Xunqueira 2, e contou coas actuacións de dúas propostas seleccionadas na I Mostra Musical Ben Veñas, Maio: o solista Charly (Carlos Blanco), do IES Sánchez Cantón, e o dúo Meigas, formado por Sara Martínez Filgueira e Julia Falcón Félix, do IES A Xunqueira 2.

Non faltou a entrega de premios, cunha recompensa para os gañadores en formato de vale de compra para libros nos certames de poesía e relato curto, libros e material de papelería para o concurso de banda deseñada, fotografía e os participantes da I Mostra Musical.

Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'
Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'Cristina Saiz

Os galardóns foron entregados polo concelleiro de Normalización Lingüística, Demetrio Gómez Xunqueira, así como por representantes dos equipos de normalización lingüística (ENDL) dos centros participantes: Xoán Xosé Pérez Viéitez (IES A Xunqueira 1), Lucía Novas Garrido (IES Torrente Ballester) e Manuel Xiráldez Leal (IES A Xunqueira 2).

Esta é a relación de premiados do certame Ben Veñas, Maio 2026:

Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'
Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'Concello de Pontevedra

XXV Certame de Fotografía Ben Veñas, Maio

  • Primeiro premio: Daniela Santos Costa, do IES A Xunqueira 1 (1º bacharelato)

XXXIII Certame de Banda deseñada Ben Veñas, Maio

  • Categoría A (até 14 anos). Primeiro premio: Lucía Crespo Teijeiro, do IES Sánchez Cantón (3º dá ESO), por 'Soños'
  • Categoría B (a partir de 15 anos). Primeiro premio: Sabela Sánchez Ortiz, do IES A Xunqueira 1 (bacharelato), por 'A biblioteca'. Segundo premio: Miguel Ángel Uribe, do IES A Xunqueira 1 (1º de bacharelato).

XXXIII Certame de narración curta

  • Categoría A. Primeiro premio: Santiago Fernández López, do IES Torrente Ballester (2º ESO), por 'Destecendo vellos mitos'. Segundo premio: Hugo Mirón Ares, do IES Sánchez Cantón (2º ESO), por 'No momento no que virou'.
  • Categoría B. Primeiro premio: Alicia Rivera Bonilla, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'O porco para o san Martiño'. Segundo premio: Noa Pousada Martínez, do IES A Xunqueira 1 (1º bacharelato), por 'Maruxa' e Bruno López Piñeiro, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'Son parvo'

XXV Certame de poesía

  • Categoría A. Primeiro premio: Sofía Estévez Vázquez, do IES Torrente Ballester (1º ESO).
  • Categoría B. Primeiro premio: Cecilia Casal García, do IES Sánchez Cantón (4ª ESO), polo poema 'As fillas do naufraxio'. Segundo premio: Xiao Fernández López, do IES Sánchez Cantón (3º ESO), por 'Soneto do mal amador' e Bruno López Piñeiro, do IES A Xunqueira 2 (4º ESO), por 'Miña filla'

I Mostra Musical Ben Veñas Maio: Carlos Blanco Rodríguez, do IES Sánchez Cantón e As Meigas, formado por Sara Martínez Filgueira e Julia Falcón Félix, do IES A Xunqueira 2.

Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'
Gala 'Ben Veñas, Maio 2026'Cristina Saiz