Presentan un documental e un vídeoclip sobre a figura de Antonio Fraguas

Pontevedra
17 de maio 2019

Os artistas Quique Queiman e Andrea Pousa crearon o proxecto 'Amantes da Terra', que deu lugar a unha mini-documental, un espectáculo de gran formato
que acaba de iniciar a súa xira por Galicia, e tres novas cancións, unha delas cun vídeoclip

Presentación do documental sobre Antonio Fraguas DUVI

Os artistas Andrea Pousa e Quique Queiman elaboraron o proxecto 'Amantes da Terra', un espectáculo de gran formato que iniciou a súa xira por Galicia. Froito da investigación xurdiu a elaboración dun documental coa figura de Antonio Fraguas como referente, ademais de tres novas cancións, unha delas cun vídeoclip titulado 'Fraguas de Amor'

Estas iniciativas presentábanse este xoves na Casa das Campás cos creadores e con representantes da Universidade de Vigo, Fina Casalderrey como integrante da Real Academia Galega; Francisco Calo Lourido, do Museo do Pobo Galego e Adrián Estévez, da Fundación Otero Pedrayo

Francisco Calo Lourido, un intelectual que tivo unha relación de amizade co homenaxeado neste Día dás Letras  Galegas, afirmaba que a Antonio Fraguas non lle gustaba que lle chamasen Antón. "Eu son Antonio de Lisboa, e non Antón dos porcos", indicou Calo Lourido facendo referencia a que en Portugal denomínase aos porcos como "antón". 

Sinalou que o mestre de Cotobade tiña as súas raíces "ben chantadas na terra", na súa Santiago de Loureiro. A continuación Quique Queiman tamén destacou a relación de Fraguas con Pontevedra onde tivo como guías a Losada Diéguez e a Castelao

Pola súa banda, a académica Fina Casalderrey destacou que Fraguas recolleu, depurou e innovou na cultura galega e que foi un mestre no sentido máis amplo da palabra. Convidou a todos os presentes a que asistiran este venres ás proximidades da  Escola da Famelga, onde a Real Academia celebrará o acto central do Día das Letras Galegas, ante a escola na que el decidiu quedar en Galicia.