RADIO.- Ponte en el mapa: Pablo Neva, un trompista marinense na Filarmónica de Stuttgart

Pontevedra
14 de marzo 2020

'Ponte en el mapa' sitúase esta vez en Sttutgart, no suroeste de Alemaña. Alí reside o trompista marinense Pablo Neva Collazo, co que charlamos en PontevedraViva Radio

Pablo Neva é trompista en Stuttgart, Alemania
Pablo Neva é trompista en Stuttgart, Alemania

O marinense Pablo Neva Collazo iniciouse na música xunto ao seu pai. Pasou polo Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e marchou a San Sebastián para facer o Grao Superior. Para completar a súa formación como trompista puxo a vista en Alemaña e solicitou unha bolsa Erasmus para marchar ao país xermano. Alí está instalado desde o pasado setembro.

Ponte en el mapa sitúase así en Sttutgart, no suroeste de Alemaña, para coñecer como é o día a día deste novísimo pontevedrés, quen nos meses que leva vivindo alí, sente cómodo e goza da experiencia da aprendizaxe, das novas amizades que fixo, do propio país e de algo ademais fundamental na súa traxectoria profesional, dun traballo.

No mes de decembro presentóuselle a oferta de formar parte da Stuttgarter Philharmoniker. Desta forma, agora compaxina estudos e traballo. Este reportoulle xa, entre outras cousas, unha viaxe e un concerto "inesquecible" como nos conta en PontevedraViva Radio. Para concluír a xira que estaba a ofrecer a Stuttgarter Philharmoniker voaron ata Nova York, onde o propio New York Times fixo a súa recensión de recomendación.