Regreso cheo de psicodelia e guitarras para As Matinés do Principal

Pontevedra
11 de marzo 2023

A actuación de Los Estanques e Anni B. Sweet abriu este sábado a nova edición do ciclo As Matinés do Principal cun patio de butacas cheo e unha proposta musical chea de psicodelia e ritmos setenteiros

Actuación de Los Estanques e Anni B. Sweet no Teatro Principal
Actuación de Los Estanques e Anni B. Sweet no Teatro Principal

Un patio de butacas cheo recibiu este sábado unha nova edición do ciclo musical As Matinés do Principal. Os pontevedreses responderon entregados á actuación inaugural, a cargo de Los Estanques e Anni B. Sweet.

No Teatro Principal ecoaronn a psicodelia e os ritmos setenteiros deste proxecto musical, liderado por unha das artistas máis destacadas da música independente española.

Sobre o escenario interpretaron os temas do seu álbum conxunto, Burbuja cómoda y elefante inesperado, composto pola artista malagueña e Íñigo Bregel, voz, teclado e guitarra da banda cántabra. 

calidez vocal de Anni B. Sweet e as guitarras eléctricas incontrolables de Los Estanques conquistaron ao público e xa deixaron paso á seguinte cita do ciclo.

Será o concerto de Uxía Senlle y Javier Ruibal, previsto para o 25 de marzo. As entradas están á venda na plataforma Ataquilla.com