Roi Casal abre as Festas do Albariño o día 31 de xullo ás doce da noite

O Salnés
30 de xullo 2013

O artista galego actuará, xunto coa coa sua banda habitual, o vindeiro mércores 31 de Xullo, a partires das 24h00 na Praza Fefiñáns para dar comezo ás festas do Albariño 2013 que celebra o Concello de Cambados

Roi Casal e a súa banda chegan a Cambados co seu traballo Máxicamente Vello, co que levan realizado unha xira de máis de 50 concertos por todo o Estado e polo que foron galardoados en varias ocasións.

"Este concerto chéganos nun gran momento. Despos de 4 anos de xira, teño o pracer de contar cunha banda plenamente consolidada e para min será un pracer expor en Cambados por primeira vez, o meu proxecto musical, ainda que eiquí xa tocara na miña etapa de Milladoiro" afirma Roi Casal.

O cantante galego porá en escea o espectáculo que o está a levar polas principais festas e celebracións durante o ano 2013. Así, afirma que "a nosa máxima é que o público desfrute durante unha hora e media.  Temos un espectáculo inspirado na música tradicional pero interpretado por unha formación eminentemente pop-rock, que se diferencia polos sons da arpa,  a voz de Silvia Ferre e a potencia e caracter que lle imprimen a batería, as eléctricas ou os sintetizadores" .

Roi Casal e a súa banda están considerados como unha das referencias da música actual  feita  en  Galicia,  e  comparten  cartel  na  xira  deste  ano  con  artistas  como Chuchito  Baldés  (20  Xullo,  Talavera  de  la  Reina en Toledo)  ou  Chenoa  e  Julieta Venegas (31 de Xullo, Festa do Albariño, Cambados) entre outros.

O concerto está enmarcado dentro da programación da Festa do Albariño 2013  que organiza o concello de Cambados. Terá lugar o vindeiro Mércores 31 de Xullo na Praza Fefiñáns de Cambados a partires das 24:00h. A entrada é de balde.

O concerto, que inicialmente estaba previsto para as 23h00, retrásase unha hora para respetar os sete dias de loito oficial decretados pola Xunta de Galicia a tenor do accidente de tren sucedido en Santiago de Compostela.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora