Sábado de tradición e Aña Urbana no centro histórico

Pontevedra
23 de abril 2016

A Praza de España transformouse nun campo de encontro e de festa coa sexta edición deste evento de música e baile tradicional que organiza a asociación cultural Trepia

Aña Urbana 2016 na Praza de España

A asociación cultural Trepia volveu facelo, volveu converter a Praza de España e toda a súa contorna, en pleno centro histórico pontevedrés, nunha homenaxe á tradición, á festa e á música. A zona da antiga Casa Consistorial foi escenario dunha nova Aña Urbana, a sexta xa

A festa comezou ás 11.00 horas da mañá na carpa instalada na Praza de España, pero o 'roteiro' da Aña Urbana foi máis aló dese enclave e levou a música e a festa a distintas prazas da cidade. Trepia, agrupación organizadora, contou para facelo posible coa colaboración de diferentes agrupacións convidadas

Unha comida popular, talleres de 'toques de leghón' e baile ou unha feira de oficios e artesanía (con librería, postos de coiro ou de instrumentos tradicionais) foron algunhas das propostas para esta edición da Aña, coa que Trepia quere recuperar unha tradición músico-festiva asociada aos traballos do campo que perviviu ata a chegada e xeneralización das modernas maquinarias agrarias.