Saen á venda as entradas para as vindeiras citas musicais no Pazo da Cultura

Pontevedra
14 de setembro 2021

O Ciclo Voices presenta a Silvia Pérez Cruz e a súa Farsa Circus Band o 16 de outubro ás 21 horas no Pazo da Cultura. O ciclo Matinés achegará a Balthazar o 30 de outubro e a Maika Makovski o 4 de decembro

Silvia Pérez Cruz
Silvia Pérez Cruz

O Concello de Pontevedra informa que xa saíron á venda as entradas para as vindeiras citas musicais no Pazo da Cultura.

Este auditorio acollerá o sábado 16 de outubro ás 21:00 horas o concerto de Silvia Pérez Cruz xunto á súa Farsa Circus Band dentro do Ciclo Voices. As entradas, a partir de 20 euros máis gastos están á venda desde esta mañá en Ataquilla.com

Na programación das Matinés actuará a banda belga Balthazar, o sábado 30 de outubro ás 12.30 horas e Maika Makovski o sábado 4 de decembro tamén ás 12.30 horas. 

As entradas para os concertos do ciclo Matinés, que terá lugar de xeito excepcional no Pazo da Cultura, contan con prezos entre 16 e 18 euros, descontos do 50% para menores de 14 anos e un abono para ambas citas a un prezo de 32 euros máis gastos e están á venda desde este martes na plataforma de Ataquilla.com