"Faime ilusión regresar a Pontevedra. Xa estiven cando era unha guarra do inframundo que facía catro bolos mal pagados"

Pontevedra
10 de xullo 2025

A artista afronta este reto "con moita ilusión" porque o escenario "é o meu hábitat natural". Os Feroz, asegurou, "véñenme como anel ao dedo porque son moi gamberros e canallas"

Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026
Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026 / PontevedraViva

Os Feroz, na súa liña de non deixar a ninguén indiferentes, confirmou que a actriz e cantante Samantha Hudson será unha das presentadoras da súa edición de 2026. Acompañarana outras tres persoas que, segundo a organización, anunciaranse en próximas semanas.

"Faime ilusión regresar a Pontevedra. Xa estiven cando era unha guarra do inframundo que facía catro bolos mal pagados", asegurou Hudson nada máis confirmarse que se porá á fronte desta gala, tomando a substitución de La Dani, mestre de cerimonias en 2025.

Non visita a Boa Vila desde que, en 2019, participou no festival Flop "cando era unha pobre travesti que empezaba a súa carreira", polo que espera que sexa un reencontro agradable.

"Oxalá deixarme namorar por esa atmosfera tan romántica que ten Pontevedra", dixo.

En declaracións aos medios pontevedreses desprazados a Tenerife, a artista explicou que afronta este reto "con moita ilusión" porque o escenario "é o meu hábitat natural" e, concretamente, os Feroz "véñenme como anel ao dedo porque son moi gamberros e canallas".

Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026
Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026PontevedraViva

A iso sumou que os guionistas destes premios "sempre son excepcionais", polo que destacou que "teño moitas ganas de devorar ese guion e de saír ao escenario".

Samantha Hudson subliñou que a última vez que estivo nos Feroz "armouse moito balbordo" por un top que levaba coas siglas ACAB, relacionadas cos abusos policiais, aínda que ironizou con que "sempre estiven afeita a cousas así".

Lembrou que iniciou a súa carreira, alá por 2015, cun vídeo escolar "polo que acabei excomulgada e poñéndome en contra a todos os sectores reaccionarios desta sociedade".

"Todo resulta sempre un simulacro do que vai vir logo", apuntou Hudson, que bromeou con que lle encantaría cantar na gala ou na festa posterior porque "despois dun bloody mary todos os gatos son pardos".

Con respecto aos que poidan ser os seus acompañantes sobre o escenario do Recinto Feiral, a artista sinalou que "eu creo que a sorte que teño é que fago un bo tándem con case calquera persoa, xa sexa por simbiose ou por contraste".

O que ten claro é que confía "totalmente" na dirección da gala e que "non teño a menor dúbida de que reunirán a un plantel de estrellonas".

Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026
Samantha Hudson, tras confirmarse como presentadora dos Feroz 2026PontevedraViva