Dúas das principais referencias da música galega, Sés e a banda Treixadura, porán música a unha nova edición do Festixeve.
Ambos subirán ao escenario do Campo da Festa de Vilar de Saboroso, en Santo André de Xeve, onde se celebrará a edición número 28 deste evento.
O Festixeve está incluído, un ano máis, nas Festas de Verán de Pontevedra.
Sés e Treixadura actuarán no Festixeve o sábado 2 de agosto, segundo anunciou este luns o goberno municipal de Pontevedra.
Compositora, cantante, guitarrista ou poeta son só algunhas das facetas artísticas de María Xosé Silvar 'Sés', que tras trece anos de actividade e oito discos, segue demostrando que a súa capacidade artística e o seu carisma non deixa indiferente a ninguén.
Con diante un eco (2022), o seu último álbum de estudo até a data, a artista coruñesa volveu ás súas orixes, pero desde unha óptica experimentada.
Aposta por rock and roll, tradición galega e certa cadencia da canción de autor latinoamericano, desde unha actitude punk e con letras elaboradas, honestas e viscerais, que cuestionan o establecido e claman pola unión e o amor.
Treixadura, pola súa banda, constitúe desde 1990, un espectáculo musical sorprendente, observando a música tradicional desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.
No Festivexe farán un percorrido polo oito discos que marcaron unha traxectoria musical que supera xa as tres décadas, rescatando numerosas melodías do seu anonimato.
Este novo anuncio para as Festas de Verán chegan tras as confirmacións de Paloma San Basilio para as Festas da Peregrina, de Robben Ford para o Festival Internacional de Jazz e Blues e de Jhon Pollõn e Califato 3/4 para Urbana Monte Porreiro.