Soalleira organiza o seu sétimo certame de música tradicional

Sanxenxo
09 de abril 2025

O colectivo cultural ultima a cita, que terá lugar o 11 de maio en sesión de mañá e tarde no pazo Emilia Pardo Bazán

A Asociación Cultural Soalleira celebrará o VII Concurso de Música Tradicional
A Asociación Cultural Soalleira celebrará o VII Concurso de Música Tradicional / Concello de Sanxenxo

A Asociación Cultural Soalleira celebrará o domingo 11 de maio o VII Concurso de Música Tradicional no Pazo de Emilia Pardo Bazán.

Unha cita organizada polo Concello de Sanxenxo e o colectivo cultural que todavía terá abertas as inscricións ata o 25 de abril.

O certame foi crecendo ano tras ano rexistrando na edición pasada un récord de participación con 72 rexistrados e, este ano, por primeira vez, contan cun grupo do territorio nacional.

O concurso repartirá 4.100 euros en premios.

Os participantes na categoría A (ata 10 anos) e a categoría B (de 11 a 13 anos) optarán a un primeiro, segundo e terceiro premio valorados en 300, 200 e 100 euros, respectivamente, mentres que a categoría C, na que poderán participar aquelas agrupacións con idades entre os 14 e os 17 anos, repartirá 400 euros para o primeiro premio, 200 para o segundo e 100 euros para o terceiro. Pola súa banda, a categoría D (maiores de 18 anos), terá un primeiro premio de 800 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 200 euros. Ademáis haberá categoría E "Sénior" con 300 euros para o primeiro clasificado, 200 o segundo e 100 euros o terceiro. Tamén haberá dous accésits de vestiario valorados en 100 euros.

O xurado estará composto por tres persoas e valorará a autenticidade, a dificultade, a afinación e a interpretación. O tempo por cada actuación non pode exceder os cinco minutos.

O concurso celebrarase en dúas sesións, ás 10:30 e ás 17 horas. 

A asociación cobrará unha entrada simbólica de 3 euros por cada sesión.