O Surfing the Lérez repite como finalista dos Premios Martín Códax da Música

Pontevedra
07 de maio 2026
Actualizado: 10:15

Os premios, que anunciaron este mércores os finalistas das súas dezaoito categorías, entregaranse nunha gala que se celebrará o 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra

Finalistas dos Premios Martín Códax
Finalistas dos Premios Martín Códax / Martín Códax

O festival pontevedrés Surfing the Lérez aspira a conseguir un dos Premios Martín Códax da Música, galardón que xa obtuvo no 2017.

É un dos tres finalistas na categoría de festivais, xunto co Festival Arteficial de Ribadavia e o Festival Alternativo Millo Verde de Redondela.

Así se revelou durante a festa de finalistas que se celebrou este mércores na terraza das Bodegas Martín Códax, a previa da gala de entrega que será o 27 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.

Un xurado profesional formado por cinco especialistas vinculados á música elixiu os 57 proxectos que optarán aos premios nas diferentes categorías musicais.

Foron a pianista e investigadora artística María Domínguez, a artista Blanca Pereira, coñecida como Rumia, o guitarrista da banda Brutal, Isidro Otero, o xornalista Luis Pardo e a xestora cultural Marta Horjales.

Os finalistas son:

  • METAL E HEAVY: Urko, Keepers e Talesien
  • CANCION DE AUTOR/A: Antía Muíño, Sangre de Muérdago e Zeltia Irevire
  • BLUES, FUNK E SOUL: Sabela Cereijo, Allo Negro e Guilherme Zapata
  • ELECTRÓNICA: Galician Army, Kike Varela e Løch
  • ROCK E PUNK: Loita Amada, Broken Peach e Stoned at Pompeii
  • MÚSICAS URBANAS: Hugo Guezeta, Habló Pablo e Lumedollop
  • ORQUESTRAS, GRUPOS E MÚSICA DE VERBENA: Lamatumbá, Orquestra Bravú Xangai e La Fórmula
  • MÚSICA CLÁSICA E CONTEMPORÁNEA: Alejo Amoedo, Ensemble Alletamento e María Mendoza
  • JAZZ E MÚSICAS IMPROVISADAS: Xan Campos "Amorodios", María Toro e Manuel Cebrián-punctum
  • POP E INDIE: Nadadora, Montedapena e Michu da Rocha
  • MÚSICAS DO MUNDO E MESTIZAXE: Lidia India, Marta Vidal e Abril Fado Atlántico
  • MÚSICA INFANTIL: Paco Nogueiras, Ollo Piollo e Golfiños
  • MÚSICA FOLK: Abril, Alana e Guezos
  • MÚSICA TRADICIONAL: Unto Vello, Donicelas e Carapaus
  • BANDAS DE MÚSICA POPULAR: Banda de Música Municipal de Celanova, Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros e Banda de Música Xuvenil de Torroso
  • ARTISTA EMERXENTE: Raze, Lula Mora e Apolo18
  • COMUNICACIÓN E DIFUSIÓN MUSICAL: Galicia en Concierto, A Canle de Rodri Míguez e Fogar dos Festivais
  • FESTIVAIS: Festival Arteficial, Surfing the Lérez e Festival Alternativo Millo Verde
  • SALAS: Sala Capitol, La Fábrica de Chocolate e Krazzy Kray!

A partir de agora, o público e os socios e socias de Músicas ao Vivo, serán quen escollan seus proxectos favoritos e poderá votalos a través da páxina web ata o 24 de maio.

O voto do público, xunto ao das persoas asociadas a Músicas ao Vivo, contará cunnha ponderación do 50% trala selección do xurado.

O premio honorífico Músicas ao Vivo, destinado a distinguir unha traxectoria de especial relevancia para a música galega, desvelarase nas seguintes semanas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora