A sala de exposicións do Café Moderno Afundación transformouse nun espazo dedicado á creatividade contemporánea coa inauguración de Diversa. Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea Afundación,
É unha proposta que recolle máis dun centenar de obras de artistas de ámbito galego, nacional e internacional.
A mostra, presentada este martes en Pontevedra, contou coa presenza da comisaria Matilde Rodríguez e da responsable de exposicións de Afundación, Paloma Vela.
A exposición ocupa dúas salas do recinto, na primeira sala exponse unha selección de pezas creadas a través de técnicas moi diversas, que van desde o debuxo tradicional sobre papel até propostas máis experimentais con materiais como plastilina, cerámica ou téxtiles, ademais de formatos dixitais como a animación.
Entre os artistas participantes destacan figuras recoñecidas como Adolfo Serra, Ana Jarén ou Andrew Rae, xunto a outros creadores que achegan miradas particulares desde diferentes contextos culturais.
A mostra recoñece como a variedade cultural, a conexión coa contorna e as experiencias persoais de cada artista únense para dar forma a unha idea visual que trata tanto temas íntimos como problemáticas sociais.
Desde reflexións sobre a identidade até temas como a igualdade, a sustentabilidade ou os vínculos humanos. Ademais, o propio nome da exposición suxire tamén á biodiversidade.
A comisaria destacou durante a presentación a natureza plural da mostra, sinalando que "aquí participan dezaoito artistas, catorce galegos e oito nacionais e seis internacionais. Todos teñen miradas diferentes, estilos diferentes, técnicas diferentes. Ese é un pouco o corazón da exposición".
Neste sentido, subliñou que, a pesar da diversidade, as obras logran unha coherencia interna: "dan lugar a pezas diferentes, pero que conseguen conectarse dunha maneira moi orgánica entre elas".
En canto ao proceso de selección de obras, esta baseado tanto na observación continua do panorama artístico en redes como na construción dun discurso conceptual previo: "eu primeiro penso no título, no que quero dicir, nunha palabra que englobe todo, e a partir diso xa constrúo", afirmo Matilde Rodríguez.
Por outra banda, Paloma Vela resaltou o compoñente social e educativo da iniciativa, sinalando que "xa temos por encima dos 500 escolares apuntados" nos talleres organizados para centros educativos de Pontevedra e a súa comarca.
Así mesmo, lembrou que a mostra se atopa no programa Cultura por Alimentos, en colaboración co Banco de Alimentos, animando os visitantes a contribuír con doazóns.
A exposición permanecerá aberta até o 31 de xuño, en horario de luns a venres de 17:30 a 20:30 horas e os sábados de 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 horas.