'Teatro con lingua' busca novos participantes

Pontevedra
20 de setembro 2025

O grupo de teatro promovido pola Concellaría de Normalización Lingüística abre o prazo de inscrición para un novo curso, que se prolongará entre os meses de outubro e maio

Centro Sur en Campolongo
Centro Sur en Campolongo / Mónica Patxot

A Concellaría de Normalización Lingüística abriu o prazo para formar parte do obradoiro 'Teatro con lingua'.

O grupo de teatro, dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, ofrecerá un novo curso entre os meses de outubro e maio.

'Teatro con lingua' é unha iniciativa que busca dinamizar o uso do galego entre os mozos a través do teatro.

Entre os seus obxectivos están tamén promover o suo do galego como lingua de socialización, estimular a creatividade e a mirada crítica así como achegarse o mundo do teatro improvisado.

Esta proposta xa se levou a cabo con anterioridade.

A actividade estará dirixida por Vicky Estévez, cofundadora da compañía 105 Besos Teatro e activista feminista.

Os ensaios terán lugar no Centro Sur, en Campolongo, os mércores de 19.00 a 21.00 horas, estando rpevisto ao final de curso unha montaxe teatral aberto ao público.

As prazas para participar en 'Teatro con lingua' son limitadas, sendo necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a [email protected] indicando nome completo, idade, teléfono de contacto e dirección de electrónico.